O 24 de Outubro celebramos novamente o día das Bibliotecas Escolares.
Este ano decidimos preguntarlle aos nosos alumnos que é unha biblioteca para eles, ademais de recomendarnos o seu libro preferido. Deixo por aquí o video feito coas súas aportacións, e por suposto moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
24 D EOUTUBRO de Ana Muiños
Ademais disto, como tódolos anos os nenxs voluntarios da biblioteca repartiron as mochilas viaxeiras, os itinerarios lectores e tamén a bolsa de presentación do P.D.I deste curso 2024-25 "Pontevédrate " que ten como finalidade coñecer un pouquiño do noso patrimonio local.
Esta bolsa tiña mapas, planos, trípticos e ata un crebacabezas de lugares da nosa cidade. Ademais dunha carta de Pataquiña onde nos explica todo o que vamos a facer , así que xa estamos listos para comezar a investigar!!!!!!!