NO HALL DO COLE PODEDES ATOPAR UN NOVO RECANTO PARA AS FAMILIAS: TRÁTASE DUNHA BIBLIOTECA FAMILIAR.
ESTÁ ABERTA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA TANTO PARA CONSULTAS ALÍ MESMO COMA PARA LEVAR EN PRÉSTAMO PARA CASA.
AGARDAMOS MOITAS VISITAS!!!!
ESTÁS NO BLOG DA BIBLIOTECA DO COLE DE CABANAS-SALCEDO
NO HALL DO COLE PODEDES ATOPAR UN NOVO RECANTO PARA AS FAMILIAS: TRÁTASE DUNHA BIBLIOTECA FAMILIAR.
ESTÁ ABERTA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA TANTO PARA CONSULTAS ALÍ MESMO COMA PARA LEVAR EN PRÉSTAMO PARA CASA.
AGARDAMOS MOITAS VISITAS!!!!
Fai 60 anos, 0 20 de Novembro de 1959, 78 paises que formaban a Organización das Nacións Unidas, aprobaron por unanimidade o que hoxe se coñece como declaración dos Dereitos dos Nenos.
Os menores de idade son a riqueza do futuro e os adultos deben preservar a sua integridade e felicidade.
Con este día e con moitas das actividades que se fan queremos recordar que os nen@s teñen dereito a saúde, educación, protección, ter un nome, unha casa ...
Todo esto independentemente do lugar do mundo no que nacen.
Esta foi a exposición de lecturas recomendadas para saber máis:
O Samaín xa chegou e cos nenxs disfrazados e o cole ben decorado moitas foron as actividades que se organizaron para pasar unha semana de medo e terror.
Deixo por aquí fotos dalgunhas delas.
E como non , damos as grazas ás familias pola súa colaboración na exposición de cabazas.
O 24 de Outubro celebramos novamente o día das Bibliotecas Escolares.
Este ano decidimos preguntarlle aos nosos alumnos que é unha biblioteca para eles, ademais de recomendarnos o seu libro preferido. Deixo por aquí o video feito coas súas aportacións, e por suposto moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Ademais disto, como tódolos anos os nenxs voluntarios da biblioteca repartiron as mochilas viaxeiras, os itinerarios lectores e tamén a bolsa de presentación do P.D.I deste curso 2024-25 "Pontevédrate " que ten como finalidade coñecer un pouquiño do noso patrimonio local.
Esta bolsa tiña mapas, planos, trípticos e ata un crebacabezas de lugares da nosa cidade. Ademais dunha carta de Pataquiña onde nos explica todo o que vamos a facer , así que xa estamos listos para comezar a investigar!!!!!!!