O Día das Letras 2025 está protagonizado polas cantareiras e as cantigas tradicionais galegas. Estas cantareiras preservaron a lingua galega por medio das súas cantigas, e crearon unha poesía popular transmitida de nais a fillas, de avoas a netas, e entre a veciñanza toda. Xurdiron nas rogas, os traballos agrícolas de axuda mutua, rogas que remataban con música e baile e nos que as cantareiras eran as protagonistas. Para as representaren foron escollidas Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeiras (Muxía), e Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, tres das integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).
Ningún comentario:
Publicar un comentario