Pataquinha

Pataquinha

venres, 27 de abril de 2018

LETRAS GALEGAS

  LETRAS GALEGAS

2018

Mª VITORIA MORENO

 



Xa non queda nada para festexarmos o Día das Letras Galegas 2018, o día en que a nosa literatura e a nosa lingua se visten de gala para celebrar a súa vizosa creatividade e a necesidade de promover e potenciar o uso do noso idioma para que cumpra 1000 primaveras máis.
Este ano a autora homenaxeada será María Victoria Moreno, a escritora estremeña que aló polo ano 1963 chegou a Pontevedra como profesora para asumir, conscientemente, unha vida e unha obra en lingua galega. Tal e como diría ela anos máis tarde, "a miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor".  E así foi como a este amor e ao seu compromiso coa docencia e o ensino, que recoñecen moitas xeracións de pontevedreses e pontevedresas que pasaron polas súas aulas de lingua e literatura, sumou unha obra literaria que nos deixou algúns dos títulos máis recoñecidos entre o público infantil e xuvenil.
Ademais das numerosas actividades que se están a levar a cabo e a argallar ao redor da súa figura neste mes, a continuación facemos unha selección de recursos e materiais que de seguro nos axudan a coñecer mellor a súa achega á cultura galega:
  • Real Academia Galega: inclúe unha biografía, información sobre a súa obra e unha interesante sección sobre as actividades que se están xerando ao redor da autora neste ano.




  • Seminario Galán: como todos os anos, os compañeiros e compañeiras do Seminario elaboraron un completísimo monográfico para levar ás aulas a obra e a vida da persoa á que se lle dedica esta efeméride. Materiais imprimibles (biografías, dípticos, exposicións, cadernos de actividades...), libros interactivos multimedia e álbum de imaxes da autora conforman un conxunto de recursos adptados a cada curso de Infantil e Primaria.
  • Letras Galegas 2018: a profesora Patricia Sánchez Lamas, autora do blogue de referencia A fiestra da mestra, non para e elaborou unha páxina web que, ao lado de fichas idóneas para imprimir e traballar na clase, incorpora unhas actividades tan orixinais como unha "Regueifa das Letras" e as "Píldoras para Victoria", ademais dunha "Biografía sonorizada" e un "Concurso das Letras". Van alá os nosos parabéns e agradecementos para esta compañeira polo seu traballo e por partillalo con nós!

Incluímos tamén a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inclúe traballos e propostas que se están a desenvolver nos centros de ensino, e a selección de recursos e novidades sobre as Letras da revista Botóns, o Portal Galega da Educación. 




xoves, 26 de abril de 2018

FAMILIAS CONTACONTOS


Papá de Xian                                           Mamá de Pedro



Papá de Loaira                                        Papá de Pablo
                                     

PREPARANDO O DOCUMENTAL DAS 7 MARABILLAS

Os nenos e profes de Cabanas levamos uns días moi activos.
Polas clases e corredoiros pódense ver nenos vestidos de época, cámaras, micros, luces...
Estamos todos moi ilusionados porque andamos a gravar un documental do proxecto que traballamos este curso:"As 7 marabillas".
Podedes ir vendo nestas fotos un pequeno adianto do traballo final.
Pronto estará preparado. 

















mércores, 25 de abril de 2018

2º FEIRA DO LIBRO USADO

Hoxe, Martes 24 de Abril, , a ANPA organizou a 2º feira lo libro usado.
Moitas grazas.




23 DE ABRIL "DÍA DO LIBRO"

Celebramos o día do libro con "apadriñamentos lectores" na hora de ler.
Os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria formalizaron un contrato no que se responsabilizaban a ler un conto aos nenos de Infantil, 1º e 2º.



































Ademáis elaboraron un marcador para a porta da súa habitación :