Pataquinha

Pataquinha

martes, 21 de marzo de 2023

DIA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Hoxe día da poesía e da árbore  celebrámolo plantando árbores no patio  coa axuda dos alumnos da escola de Lourizán e da sua mestra Carmela.







Con esta actividade queremos conseguir humanizar o noso patio.

Ademais desto os nenos de 2º e 6º de primaria recolleron os seus repolos e coliflores do invernadoiro.





luns, 13 de marzo de 2023

VISITA DAS MULLERES CIÉNTIFICAS ANA MARÍA BUTRÓN E NOEMI GESTEIRO

Durante toda esta semana quixemos celebrar o día da muller. Especialmente a muller na ciencia e por eso  Ana María Butrón Gómez e Noemí Gesteiro Portas  ciéntificas do CSIC e da Misión Biolóxica de Galicia viñeron o cole  para explicarnos en qué consiste o método ciéntifico.
Utilizaron como recursos  un video e un pequeno taller no que  fixeron un experimento con grans de maiz furados e sen furar.
Comprobaron  que os furacos influian  nos grans e comprobaron como  explotaron convertindose en palomitas.
Os nenxs traballaron neste taller observando, facendo hipotesis e sacando conclusións.
Ademais  tamén Ana e Noemí explicaronlle  como traballan os ciéntificos  e ciéntificas e a importancia de loitar pola igualdade na ciencia.







mércores, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 O día 8 de Marzo, celébrase o "Día internacional da muller".

Un día recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Na biblioteca fixemos unha selección de contos para traballar nestes días.





SUPERLOLA

E un conto coeducativo que rompe os esquemas de xénero e remata co " princesismo" de pelis, dibuxos animados e contos infantís.



MULLERES GAÑADORAS DE PREMIO NOBEL

RECURSOS RECOMPILADOS POLA BIBLIOTECA CO CEIP MESTRE GOLDAR


martes, 7 de marzo de 2023

RECOLLIDA DO BRÓCOLI

Os nenxs de 6º recolleron os primeiros brócolis do invernadoiro.






 

ROSALIA E A EMIGRACIÓN

O día 23 de Febreiro , despois da ponte do Entroido, conmemoramos o día de Rosalia.

Nesta ocasión quixemos adicar o día a unha galega referente no mundo.

Unha muller importante como escritora e que falou de moitos temas do rural, da situación precaria dos pobos de galicia, da lingua e tamén da emigración.

Na biblioteca fixemos un recuncho de contos en galego e tamén dos seus.

Ademais montamos entre todxs un mural con fotos da emigración galega recompiladas polos nenxs , poesías e un mapa do mundo onde se marcaron os diferentes lugares  aos que emigraron os galegos e galegas.