Pataquinha

Pataquinha

martes, 19 de decembro de 2023

A VISITA DO APALPADOR


Por primeira vez no cole de Cabanas tivemos unha visita diferente , a do Apalpador, unha persoaxe típica do Nadal galego.
Estivo falando cos nenxs, apalpando barrigas e contando contos.
Moitas grazas a AMPA  do cole por conseguir que o aApalpador estivese hoxe aquí. 





martes, 5 de decembro de 2023

XOGOS PARALÍMPICOS

Grazas aos nenxs de 6º de primaria e tamén o profe José Luis por estes xogos paralímpicos.

Por demostrarnos a  todoxs a importancia do deporte paralímpico e  da superación e esforzo destes deportistas.

XOGOS:

BÁDMINTON

VOLEIVOL

CARREIRA 

PETANCA

FOOTBALL












venres, 1 de decembro de 2023

XOGOS PARALÍMPICOS


O vindeiro Domingo día 3 de decembro é o dia internacional das persoas con discapacidade.
O día 4 de decembro no cole imos facer uns xogos paralímpicos.
Os nenxs de 6º de Primaria faran unha pequena demostración da importancia que teñen estos deportistas que loitan contra moitas barreiras e con dificultades como son a falta de visión, amputacións de extremidades...
Os xogos serán.
-Badmintón
-Voleibol
-Carreiras
-Football
-Petanca