Pataquinha

Pataquinha

mércores, 25 de xaneiro de 2023

"YO TENGO UN SUEÑO"


Despois de ver e escoitar a cancion de Maki, Maria Artés 

 

"Yo tengo un sueño" ( Hinno oficial de la escuela de cultura de Paz 2022), os nenos e nenas de Cabanas estamos a preparar algo moi bonito.

Pronto teredes novedades 

Escoitade atentamente a letra desta canción.






venres, 20 de xaneiro de 2023

SALVEMOS O COLEXIO

 

Hola nenos e nenas : 

Temos o cole invadido de monstruos e para poder eliminalos o profe José Luis diseñou un xogo que vos vai axudar para poder conseguilo.

Todos os venres despois de  ter conseguido os retos que cada tutor ou turora vos indique  poderedes levar a casa uns cromos e un álbum no que poderedes pegar eses cromos.

Si se repiten tendes a posibilidade de cambiar con outros nenos e nenas ata conseguir rematar a colección.

A proposta non é  soio superar os retos senon tamen mellorar no coñecemento do reciclaxe coa axuda dos xogos que estarán colgados na aula virtual.

Moita sorte e a xogar !!!




XOGOS



Salvemos o colexio !!!

martes, 17 de xaneiro de 2023

"DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2023"

 O vindeiro Luns , 30 de Xaneiro celebraremos o "Día da Paz e da non violencia"

Nese día os centros educativos comprométense como defensores da Paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Este curso 2022-23, as escolas Asociadas UNESCO queren celebrar o 60º Aniversario do discurso de Martín Luther King " I have a dream"

Por eso no cole traballaremos actividades relacionadas non soio coa tolerancia, amor, respeto, amizade ... senon tamén  falaremos das conductas e  expresións racistas, das cores da pel...

Ademais temos unha exposición na biblioteca de contos e libros relacionados con esta temática.




(Clicar aquí) RECURSOS DE PAZ

                                                                                  




(Clicar aquí) PASAPALABRAS SOBRE RACISMO