Pataquinha

Pataquinha

xoves, 25 de abril de 2024

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Ao longo desta semana, para conmemorar o día do libro, realizáronse varias actividades , entre elas a do apadriñamento lector do alumnado de 3º a 6º para os nenos e nenas de infantil e 1º de Primaria.

Os padriños e madriñas recolleron os seus afillados nas clases para despois levalos ao patio e contar o conto escollido.

Ademais moitos padriños e madriñas obsequiaron aos seus afillados cun pequeno regaliño feito por eles.





















mércores, 24 de abril de 2024

VISITA DE DAVID RODRIGUEZ CO CONTO SUPERAVOA




 



VISITA DE ANTONIO M. FRAGA CO CONTO PAPÁ CANÍBAL

 





MES DO LIBRO

  O 23 de Abril celebramos   o "Día Internacional do libro"

Como en cursos anteriores están programadas varias  actividades:
-"Familias contacontos" 
Queremos contar coa aprticipación de pais, nais, avos....que poidan vir ás aulas para compartir  e disfrutar cos nenxs  das suas lecturas preferidas.
-"Apadriñamento lector"
Os nenxs de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria preparan un conto para ler, contar ou dramatizar para os nenos de infantil, 1º e 2º de Primaria.
Esta lecturas farémolas o día 25 no patio.
- Visita de  David Rodriguez co conto a Superavoa  e de         Antonio M.Fraga  co conto   Papá Canibal .    



martes, 9 de abril de 2024

SEDES OLÍMPICAS

 Londres, Barcelona, Argentina, Los Angeles, Méjico, Londres, Grecia, Paris, Alemania...

Estas son algunhas das sedes olímpicas  nas que se celebraron unha olimpiada.

Cada clase elixiu un pais  e investigou:

-O ano 

-Os gañadores

-Mascota

-Himno

-Antorcha

-Bandeira

-Mapa










martes, 19 de marzo de 2024

EU FAGO DEPORTE

Este curso estamos querendo  saber cousas das Olimpiadas, cales son as sedes, qué é un facho, nomes de deportistas olímpicos mais importantes , historia... pero sobre  todo estamos aprendendo o importante que é  para a nosa saúde facer deporte.








POLO CORREO DO VENTO