Pataquinha

Pataquinha

xoves, 23 de febreiro de 2023

mércores, 22 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023

 O Entroido xa rematou. 

Este curso os nenxs disfrutaron da festa e o cole encheuse de cientificos locos e ciencia.

Tamén Cabanón participou da festa e mandounos traer unha cousa diferente cada día pero finalmente queimámolo por ser un mandón.

























xoves, 9 de febreiro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O día 11 de febreiro celebraremos o Día Internacional das nenas e mulleres na ciencia.

É un día para recordar e coñecer  a moitas mulleres que tiveron moitas dificultades en destacar na ciencia.

Durante moitos anos as mulleres non tiveron as mismas oportunidades porque durante moitos siglos non se lles permitiu ni tan siquiera acceder a educación. Era imposible que se dedicaran a temas ciéntificos e moito menos explicar os descubrimentos do mundo.

Afortunadamente hoxe en día esto xa non é así e por eso é necesario ter en conta a todas estas mulleres como referentes.

Mulleres como:


ANGELES ALVARIÑO

Mª JOSÉ ALONSO FERNÁNDEZ

ANGELA RUIZ ROBLES

ELENA GARCÍA ARMADA

JANE GODALL

ROSALIND FRANKLIN

GRACE HOPPER...




Pero nesta ocasion queremos adicar o dia 11 de Febreiro especialmente a Katherine Johnsonn por ser muller ciéntifica e negra.

Ela tivo que loitar con todos os prexuicios asociados ao xénero e ademais ao seu color de pel.

Aquí vos queda este video para coñecela mellor e ver todo o que tivo que loitar para destacar no mundo da ciencia.



Tamén hay unha película "Figuras ocultas" que narra a historia de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas, entre elas Katherine Johnsonn,  que traballaron na NASA a comenzos dos anos sesenta (en plena carreira espacial, e tamén cando se estaba a loitar polos dereitos civís dos negros estadounidenses) no ambicioso proxecto de por en órbita o astronauta John Glenn. 




venres, 3 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ 2023 "EU TEÑO UN SOÑO"

 Aquí está xa o video montado con todo o traballo que os nenxs fixeron despois de escoitar  a canción "Yo tengo un sueño" Hinno oficial da escola de cultura de Paz 2022.

Ninguén verá o racismo se nos quedamos en silencio

e si o ignoramos non deixará de ser violento.

USEMOS AS NOSAS VOCES CONTRA O RACISMO


VIVAN AS  DIFERENTES CORES



Os nenxs de 3º e 4º de Primaria contando  os pequenos de Infantil cun Kamishibai o conto da vida de Martin Luther king.