Pataquinha

Pataquinha

venres, 30 de maio de 2025

PONTENCIENCIA 2025: XII FEIRA DA MINICIENCIA

O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA PARTICIPOU NA XII FEIRA DE MINICIENCIA  RESULTANDO GAÑADORES DO PRIMEIRO PREMIO.  O SEU PROXECTO CONSISTÍA EN XERAR ELECTRICIDADE EMPREGANDO PLACAS FOTOVOLTAICAS E AEROXENERADORES PARA ALIMENTAR UN PARQUE DE XOGOS.
PARABENS PARA O ALUMNADO  E O SEU PROFE XURXO , MAGNÍFICO TRABALLO!!!!!!









martes, 20 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

   Día das Letras 2025 está protagonizado polas cantareiras e as cantigas tradicionais galegas. Estas cantareiras preservaron a lingua galega por medio das súas cantigas, e crearon unha poesía popular transmitida de nais a fillas, de avoas a netas, e entre a veciñanza toda. Xurdiron nas rogas, os traballos agrícolas de axuda mutua, rogas que remataban con música e baile e nos que as cantareiras eran as protagonistas. Para as representaren foron escollidas Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeiras (Muxía), e Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, tres das integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).


No noso centro realizamos varias actividades  para conmemorar este día: 
Exposición de libros sobre as cantareiras.

 

- Paneis informativos sobre o tema.






Taller para todo o alumnado de primaria  sobre "As mulleres na música tradicional  galega  e os instrumentos miúdos" a cargo de Erica iglesias.





- Como colofón final recibimos  a visita da agrupación "Aires da Castelada"  para desfrutar  das cantigas e do baile.









luns, 19 de maio de 2025

OS MAIOS

ESTE ANO DECIDIMOS CELEBRAR O DÍA 1 DE MAIO REALIZANDO O NOSO PROPIO MAIO GRAZAS  A AXUDA DA PROFE CAROL  E DA PROFE ANA COUSO, E COMO NON DA PROFE ANTÍA QUE NOS ENSINOU A COPLA!!!!!










FAMILIAS CONTACONTOS

 UN ANO MÁIS CONTAMOS COAS NOSAS FAMILIAS PARA CONTAR CONTOS E PASAR UN RATIÑO DIFERENTE E DIVERTIDO.

MOITAS GRAZAS A TODAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN!!!!