Pataquinha

Pataquinha

venres, 6 de xuño de 2025

PDI: "PONTEVÉDRATE "

 COMO PRODUCTO FINAL DESTE PROXECTO COLGÁRONSE NOS CORREDORES  TODO O TRABALLADO SOBRE A NOSA CIDADE, PARA QUE TODOS @S ALUMN@S PUIDERAN FACER UNHA VISITA GUIADA  E INFORMARSE ASÍ DO QUE  INVESTIGARON AS OUTRAS AULAS.

ADEMAIS O ALUMNADO DE 6º FIXO PODCAST CUNHA RECOPILACIÓN DE LENDAS E HISTORIAS  DA NOSA CIDADE. FAI CLICK AQUÍ PARA ESCOITALAS.

CON ESTE PROXECTO, O NOSO ALUMNADO COÑECEU UN POUCO O NOSO PATRIMONIO LOCAL.































martes, 3 de xuño de 2025

CONTOS POLA IGUALDADE: RAQUEL QUEIZÁS

  A semana pasada recibimos a visita de Raquel Queizás "Queliña", é unha fantástica contacontos!!!!! Esta vez falounos da igualdade , pasámolo xenial porque con ela ademais de aprender sempre hai risas garantizadas !!!!








venres, 30 de maio de 2025

PONTENCIENCIA 2025: XII FEIRA DA MINICIENCIA

O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA PARTICIPOU NA XII FEIRA DE MINICIENCIA  RESULTANDO GAÑADORES DO PRIMEIRO PREMIO.  O SEU PROXECTO CONSISTÍA EN XERAR ELECTRICIDADE EMPREGANDO PLACAS FOTOVOLTAICAS E AEROXENERADORES PARA ALIMENTAR UN PARQUE DE XOGOS.
PARABENS PARA O ALUMNADO  E O SEU PROFE XURXO , MAGNÍFICO TRABALLO!!!!!!









martes, 20 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

   Día das Letras 2025 está protagonizado polas cantareiras e as cantigas tradicionais galegas. Estas cantareiras preservaron a lingua galega por medio das súas cantigas, e crearon unha poesía popular transmitida de nais a fillas, de avoas a netas, e entre a veciñanza toda. Xurdiron nas rogas, os traballos agrícolas de axuda mutua, rogas que remataban con música e baile e nos que as cantareiras eran as protagonistas. Para as representaren foron escollidas Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeiras (Muxía), e Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, tres das integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).


No noso centro realizamos varias actividades  para conmemorar este día: 
Exposición de libros sobre as cantareiras.

 

- Paneis informativos sobre o tema.






Taller para todo o alumnado de primaria  sobre "As mulleres na música tradicional  galega  e os instrumentos miúdos" a cargo de Erica iglesias.





- Como colofón final recibimos  a visita da agrupación "Aires da Castelada"  para desfrutar  das cantigas e do baile.