Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho e como xa sabemos que estades a aprender moitas cousas del, que vos parece si xogamos tamén co noso idioma.
Os Contos populares da provincia de Lugo foron recollidos polo profesorado de primaria dos beizos da rapazada dos seus colexios e publicados polo centro de estudos Fingoi.
A primeira edición, en 1963, constaba de 300 contos.
Este é un dos contos que aparecen neste libro
Contos populares da provincia de Lugo
O andaluz e o galego
Unha vez era un andaluz e un galego, que ían xuntos no
tren, meténdose pullas un ao outro, e o andaluz díxolle ao
galego:
-En mi tierra vi un repollo tan grande que ocupaba una extensión de cuatro kilómetros cuadrados.
Entón díxolle o galego:
-Pois na miña terra están a facer unha caldeira tan grande
que traballan nela cen latoeiros e non se sinten uns aos
outros golpear cos martelos.
-¿Y para que iban «haser» una «cardera» tan grande?
-Para cocer o teu repolo -constestoulle o galego con moita retranca.
Se vos fixades ten a estructura dun chiste
PROPOSTAS PARA ESTES DÍAS.
1-Enviar un video a blbliocabanas@gmail.com antes do día 14 de Maio contando un conto de este tipo ou popular en galego e de curta duración.
MIRADE QUE BEN O FAI A PROFE ANDREA
2-Enviar un video a bibliocabanas@gmail.com antes do día 14 de Maio cunha canción , poesía, adiviña, trabalinguas ou contando quen é Ricardo Carvalho Calero.
O importante e facelo en galego.
3- Enviar un video a bibliocabanas@gmail.com antes dio día 14 de Maio e unirnos o reto de debuxar e recitar un refrán.
Este é un reto proposto por Galicia Visual e que está a recoller Aulas Galegas.
Pinchar na imaxe
ESCOLLEDE A QUE MÁIS VOS GUSTE
O importante e facelo en galego.
3- Enviar un video a bibliocabanas@gmail.com antes dio día 14 de Maio e unirnos o reto de debuxar e recitar un refrán.
Este é un reto proposto por Galicia Visual e que está a recoller Aulas Galegas.
Pinchar na imaxe
ESCOLLEDE A QUE MÁIS VOS GUSTE
ESPERAMOS A
VOSA COLABORACIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario