Pataquinha

Pataquinha

xoves, 28 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER

O día 8 de Marzo foi o día da muller.
Fixéronse varias actividades:
- Rincón de libros con recomendacións para lecturas.
- Conversas nas clases sobre o significado dese día.
- Elaboración do libro das mulleres revolucionarias.
Pero o mellor chegou o día 18 de marzo coa visita ó cole de tres mamás: Pili, inspectora xefa de Policía, Ana, científica da Misión Biolóxica e Antía, veterinaria.
Elas viñeron contarnos como a muller pode ser igual que un home e pode ter os mesmos traballos ca eles.




Mirade como nos explicaba Ana o seu traballo como científica.

Antía contounos un montón de cousas interesantes sobre o seu traballo con animais.


Pili tamén nos inspirou co seu relato sobre como chegou a ser inspectora e como é o seu traballo día a día.

E mirade que público hipnotizado e atento tivemos! Normal, as profes tamén estaban co sorriso posto e aprendendo dunha charla tan proveitosa. Pasámolo en grande!






 
                      Moitas grazas ás tres.


Ningún comentario:

Publicar un comentario