Pataquinha

Pataquinha

sábado, 23 de febreiro de 2013

ROSALIA DE CASTRO

Rosalía de Castro naceu tal día coma hoxe (24 de febreiro de 1837) en Santiago de Compostela, e morreu en Padrón en 1885. Coa súa obra poética, Rosalía de Castro converteuse no símbolo do Rexurdimento da lírica galega, ademais da mellor representante en lingua castelá da poesía romántica tardía, xunto con Gustavo Adolfo Bécquer.




O VINDEIRO,  24 DE FEBREIRO  SERÁ O  DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Este ano 2013 é o 150 aniversario da 
publicación do seu libro "CantaresGallegos" (1863-2013), por iso  Pataquiñas quere  que escoitedes alguna 
destas músicas con poemas de Rosalia , como por exemplo  “Adiós ríos, adiós fontes”.


Adiós ríos; adiós, fontes; / adiós, regatos pequenos; / adiós vista dos meus ollos: / non sei cando nos veremos. / Miña terra, miña terra, / terra onde me eu criei, / hortiña que quero tanto, / figueiriñas que prantei, / prados, ríos, arboredas, / pinares que move o vento, / paxariños piadores, / casiña do meu contento, / muíño dos castañares, / noites craras de luar, / campaniñas trimbadoras / da igrexiña do lugar, / amoriñas das silveiras / que eu lle daba ó meu amor, / caminiños entre o millo, / adiós, para sempre adiós! / Adiós groria! Adiós contento! / Deixo a casa onde nacín, / deixo a aldea que conozo / por un mundo que non vin! / Deixo amigos por estraños, / deixo a veiga polo mar, / deixo, en fin, canto ben quero... / Quen puidera non o deixar!...




Ningún comentario:

Publicar un comentario