Pataquinha

Pataquinha

mércores, 10 de maio de 2023

martes, 9 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 


O 17 de Maio, celébrase o día das Letras Galegas e nesta ocasión está adicado a Francisco Fernández del Riego.

Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.
Publicou cos pseudónimos de Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega.
Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números.
Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.
O 9 de xullo de 2022, o plenario da RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.
Nos seguintes enlaces podedes consultar a sua biografía e obra:


luns, 8 de maio de 2023

PAIS CONTACONTOS

 

O PAPÁ E A MAMÁ DE MARCELO ( LUIS E VANESA), E A MAMÁ DE CLAUDIA ( LETICIA), CONTARON UN CONTO.

GUSTÁRONNOS MOITO XA QUE FIXERON UNHA DRAMATIZACIÓN FANTÁSTICA!!!!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR UN MOMENTIÑO CON NÓS!!!!!!!!!!!

 😀😀📙📘








 








mércores, 3 de maio de 2023

PAIS CONTACONTOS

 

MAMÁ DE BRUNO, CRISTINA, CO CONTO "MONSTRUO AZUL".

GUSTOUNOS MOITO CRISTINA, MOITAS GRAZAS POR VIR! 😀😀📙📘







venres, 28 de abril de 2023

mércores, 26 de abril de 2023

CONTACONTOS: REBECA

 Mércores, día 25 na hora da lectura a profe Rebeca tamén quixo celebrar o mes do libro e estivo contándonos uns contos aos nenos de infantil que lle fixeron rir moito e participar moi activamente.

-A osiña Jimena

-O galo Paco

-Marcelina en la cocina

-Historia do Quitapenas de Rebeca 

Ademais de pasalo moi ben e divertirse coas lecturas, a profe regaloulles uns Quitapenas para personalizar e poder poñer debaixo da almofada cando o precisen.