Pataquinha

Pataquinha

venres, 1 de decembro de 2017

VISITA DE 5º DE PRIMARIA A ONDA CERO


Esta semana fixemos unha saída ben especial! Visitamos a emisora de Onda Cero de Pontevedra.
Foi especial porque coñecemos de primeira man como se fai un programa de radio e algúns convertímonos por uns momentos en locutores, mentres o resto observaba dende a cabina de control todo o proceso de grabación. Toda unha experiencia!
A visita foi o remate do traballo previo realizado na clase. Antes, eleximos os temas dos que falaríamos, buscamos información, elaboramos borradores (canto esforzo para que todo cadrase ben!), traballamos a vocalización e a expresividade… Pero ao final, todo un éxito.
Se queredes escoitarnos, Onda Cero emitirá do 25  ao 29 de decembro, entre as 11:50h. e as 12:00h. as nosas intervencións.

Esperamos que vos gusten!











venres, 24 de novembro de 2017

25 DE NOVEMBRO DE 2017



O 25 de Novembro é o día internacional contra a violencia de xénero.

Durante toda a semana  fixemos lecturas relacionadas co tema , e debates nos que se intentou  plantexar algunhas aportacións contra este tipo de violencia. 
Falamos tamén de cales son os roles asociados a feminidade ou masculinidade. 

Resultado de imagen de 25 de novembro


Ademais quixemos mostrar nun mural cales son as cousas boas que podemos facer coas mans e as que nunca debemos facer.




CONTAMOS UN CONTO EN INFANTIL

Pataquiña está a propoñer aos nenos de primaria dende fai un tempo unha actividade que consiste en facer unha lectura para  infantil.
Foron os nenos de 3º e 4º os que máis veces quixeron facelo, pero esta semana tivemos a colaboración especial de Sara,  unha nena de 1º de primaria,  que coa axuda da sua nai fixo que os peques de 3 anos se divertisen un montón.
Moitas grazas e seguide axudando.








DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA


Estes son os dibuxos cos que os nenos quixeron expresar os seus dereitos.










martes, 14 de novembro de 2017

MAGOSTO 2017

Unha castaña no ourizo 
quixo rir e regañou
caeu do castaño abaixo 
Mira que chasco levou!

O Magosto chegou e con el os xogos populares e a diversión ó cole de Cabanas.